[Palaestragax] Actividades varias
Asociación Galega de Axedrecistas
correo en agax.org
Mar Abr 8 05:00:07 CEST 2008
Saúdos:
O pasado venres deron comezo os torneos escolares da Coruña nas categorías infantil, alevin e benxamin.
Celebrarase durante tres venres no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña.
Ademais empezaron os concursos semanais de problemas de AGAX.
Tamén o pasado fin de semana botou a andar a cuarta división.
(Mais infomación destas probas en www.agax.org)
Ontes, luns día 7, empezou a selección para o equipo que representará á Universidade da Coruña no Campionato de España. Algúns dos candidatos teñen que xogarse a praza no XVIII Torneo Universitario de Xadrez
(Mais información en www.xadrezuniversitario.org)
Fora do mundo do xadrez, xa hai unha serie de novas probas dentro das actividades de fomento da lectura da S. C. D. Palaestra.
(Mais información en www.brigantium.org)
Por último indicar que este mércores a actividade de xadrez universitario será no Pabillón de Deportes de Elviña e non na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés.
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://palaestra.net/pipermail/palaestragax_palaestra.net/attachments/20080408/1ea663db/attachment.html
Más información sobre la lista de distribución Palaestragax