[Palaestragax] Provincial Alevín de Xadrez

Asociación Galega de Axedrecistas correo en agax.org
Lun Mayo 28 03:06:56 CEST 2007


Campionato Provincial Alevín de Xadrez. A Coruña - 26 de maio de 2007

O pasado 26 de maio de 2007 tivo lugar no Salón de Actos do Complexo 
deportivo de Elviña I, en A Coruña, o Campionato Provincial de Xadrez Alevín 
da "Competición deportiva en idade escolar", organizado polo Servizo de 
Deporte de A Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Axedrecistas.

Participaron os equipos que se clasificaron nas fases Intercomarcais das 
Zonas de A Coruña, Ferrol, Noia e Santiago, das categorías Alevín masculina 
e feminina (nados nos anos 1996/95).

O CEIP Présaras (Vilasantar) Santiago proclamouse vencedor na categoría 
femenina.

En masculino o Peleteiro de Santiago venceu na semifinal ó Rabadeira por 3 a 
1. Na final Peleteiro e Circulo Ferrolano empataron a douses, determinandose 
o desempate polo resultado do primeiro taboleiro, sendo o Cículo Ferrolano o 
beneficiado e polo tanto o novo campión provincial.





Más información sobre la lista de distribución Palaestragax