[Palaestragax] TORNEO E LIGA DE PRIMAVERA DE XADREZ
Asociación Galega de Axedrecistas
correo en agax.org
Mie Mayo 16 13:41:53 CEST 2007
TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ
O xogador do Dominicos Jesús Rodríguez gañou a edición anual do Torneo
de Primavera de Xadrez, celebrada o pasado sábado.
Jesús logrou ó final do torneo medio punto de avantaxe sobre os seus
inmediatos perseguidores.
Precisamente os dous seguintes clasificados; Francisco García do Sigrás
e Héctor López do Palaestra chegaban a última rolda como favoritos xa que
adiantaban en medio punto a Jesús Rodríguez, pero ambos perderon as súas
partidas.
LIGA DE PRIMAVERA DE XADREZ
Un ano mais e organizada pola Asociación de Entidades Culturais e
Deportivas de Galicia, celebrase a Liga de Primavera de Xadrez que conta
novamente co apoio de El Corte Inglés de A Coruña, onde se celebrará o
vindeiro sábado.
A competición é por equipos compostos de tres xogadores, sexan federados
ou non, que ademais poden contar con suplentes se non desexan xogar tódalas
roldas. As partidas xogaranse a un ritmo de 20 minutos por xogador.
Sobre as competicións habituais, varia que se valorará o resultado do
enfrontamento de xeito global e non por
taboleiros. De xeito que se un equipo gaña se lle concederá 1 punto, se
empata medio e se perde se lle darán cero puntos.
O desempate tamén é un pouco diferente ó normal, xa que será a suma dos
tres mellores resultados dos xogadores do equipo no Torneo de Primavera
realizado a semana pasada e do que dábamos conta antes.
Segundo o número de inscritos o sistema de competición escollido será
unha Liga ou ben un suizo por equipos.
As roldas de xogo serán nos seguintes horarios: 17,00 - 17,45 - 18,30 -
19,15 - 20,00
O Torneo terá como premio trofeos para os tres primeiros clasificados e
50 euros en tarxeta regalo de El Corte Inglés para o equipo clasificado en
primeira posición.
A entrega dos trofeos terá lugar o sábado 19 ás 20,45 (ó remate da
última rolda).
Os interesados poden apuntarse en correo en agax.org ou chamar ó 608084705.
Más información sobre la lista de distribución Palaestragax