[Palaestragax] Novas varias de xadrez
Asociación Galega de Axedrecistas
correo en agax.org
Lun Mayo 7 23:38:42 CEST 2007
CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ
O pasado sábado celebrouse na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés da Coruña a final provincial do Campionato Escolar Infantil de Xadrez. Durante varias horas os catro equipos participantes, clasificados nas previas comarcais, loitaron pola súa presenza na final galega. O Club Deportivo Universitario de Santiago saeu vencedor desta proba, na que o segundo lugar foi para o Alexandre Bóveda coruñés, seguidos de O Marquiño da Proba do Caramiñal e do Circulo Ferrolán.
Despois da rolda da mañán e do xantar os participantes tiveron ocasión de realizar unha simultánea co mestre internacional Wilson Palencia, antes de reanudar a competición.
DIA DA CIENCIA NA RUA
Tamén o sábado o parque de Santa Margarida acolleu o XII Día da Ciencia na Rúa, na que, como sempre, houbo presencia de actividades xadrecísticas. Florencio González e José Manuel Andión gañaron o Torneo de Pasapezas e pola súa parte Santiago Domínguez impoñíase no torneo de partidas rápidas, seguido por Daniel Codesido.
A actuación que máis atención provocou foron as partidas á cega (sen ver o taboleiro) que o anteriormente nomeado Wilson Palencia realizou contra seis xogadores de xeito simultáneo.
A UNIVERSIDADE DA CORUÑA OCUPA PROVISIONALMENTE A PRIMEIRA PRAZA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA
Nos 17 anos de participación desta Universidade, ista é a primeira vez que o seu equipo representativo lidera, ainda que sexa provisionalmente, a clasificación do Campionato de España Universitario.
Celebradas dúas roldas o equipo coruñés encabeza a táboa provisional. Representando á Universidade coruñesa desplazaronse a Murcia os xogadores Antonio Pazos, Walter López, Xoel Pérez, Jacobo Borja e Brenda Siso, acompañados polo profesor Luis Carlos Martínez.
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://palaestra.net/pipermail/palaestragax_palaestra.net/attachments/20070507/8d3631f3/attachment.html
Más información sobre la lista de distribución Palaestragax