[Palaestragax] Día da Ciencia

palaestra@palaestra.net palaestra en palaestra.net
Vie Mayo 5 12:14:05 CEST 2006


Saúdos dende o Punto de Información Xuvenil Brigantium.

DIA DA CIENCIA NA RUA

Mañán sábado 6 celébrase o Día da Ciencia na Rúa, actividade organizada pola
Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e que conta coa colaboura da
Asociación Galega de Axedrecistas e do Club Ludo. Entidades ámbalas dúas
vencelladas co Brigantium.

Actividade de AGAX no Día da Ciencia

Dende ás 11,00 a xente que se achegue terá posibilidade de xogar nos
taboleiros xigantes de xadrez e damas ou a opción de xogar contra o
subcampión de Venezuela, o Mestre Internacional de Xadrez, Wilson Palencia.
As 12,00 Wilson xogará partidas á cega contra a xente que esté interesada.
Ás 13,00 comezará un torneo de pasapezas, variante do xadrez xogada por
parellas.
Xa pola tarde dende ás 16,00 será posible participar nun concurso de
resolución de problemas de xadrez.
Para finalizar a actividade ás 17,00 organizarase un torneo de partidas
rápidas.

Actividade de LUDO no Día da Ciencia

O Club Ludo disporá tamén de dous taboleiros xigantes, neste caso de Enredos
e de parchis. Estas dúas actividades funcionarán todo o día xunto con xogos
de lóxica con lapiceiros e actividades co Tangram, antigo xogo chinés.
Completan as actividades permanentes un Concurso de acertixos de lóxica.
Ademais destas actividades ás 12,00 realizarán un torneo con dardos
xigantes, ás 17,00 unha proba de habilidade co Limbo e ás 18,00 outra proba
de habilidade de lanzamento de aros.

Animamos á xente a pasar o día nesta xornada de ciencia lúdica.

----------------------------------------------------------------------------


O equipo de xadrez da Universidade da Coruña partiu para Madrid

Hoxe tamén partiron para Madrid os compoñentes do equipo universitario que
representaraá a esta institución nos Campionatos de España Universitarios de
Xadrez que se celebrán aló a partirés de mañán.
Os membros do equipo son Walter López e Jacobo Borja de Informática, Xoel
Pérez de Camiños, Jorge Graña de Económicas e Brenda Siso de
Biblioteconomía. A expedición completábase con Luis Carlos Martínez,
profesor de Económicas que actuará un ano máis de delegado do equipo.

----------------------------------------------------------------------------


------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://palaestra.net/pipermail/palaestragax_palaestra.net/attachments/20060505/47b615da/attachment.htm


Más información sobre la lista de distribución Palaestragax