[Palaestragax] --info--- nº3
Palaestra
palaestra en palaestra.net
Lun Jul 11 23:31:27 CEST 2005
Saúdos:
A Asociación Galega de Axedrecistas ten prevista a realización das seguintes actividades esta semana:
a.- Clases co Mestre Internacional Jacobo Caselas
A clase de dúas horas de duración será o martes de 20,00 a 22,00. Para participar é necesario inscribirse previamente no teléfono da Asociación (608 08 47 05). A actividade está suxeta a cotas segundo o número de participantes.
b.- Clase e concursos de problemas.
Nun nivel máis baixo e de corte lúdico o mércores, xoves e venres de 18,00 a 20,00 se desenvolverán unhas sesións para aficionados con clases, problemas e xogos.
Esta actividade e gratuíta.
c.- Torneo Santo Domingo
O mércores, xoves e venres disputarase un torneo de xadrez, con partidas a 25 minutos por xogador. Será de 20,00 a 21,50.
Esta actividade é gratuíta.
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: /pipermail/palaestragax_palaestra.net/attachments/20050711/5b2bb438/attachment.htm
Más información sobre la lista de distribución Palaestragax